A Asociación Axúdanos é unha entidade sen ánimo de lucro. Todos aqueles que a formamos somos voluntarios cunha especial sensibilidade hacia os animais. Comezamos sendo un pequeno grupo de amigas con moitas ideas e ilusións, e estamos moi orgullosas de poder trasladar esa ilusión, pouco a pouco, a un número de persoas máis amplio e que medra cada ano, permitindonos axudar ao longo
deste ano a máis de 135 animais.
Facelo sería imposible sen a axuda e solidariedade das persoas que nos apoian e axudan de maneira incondicional. Por iso queremosvos dar as grazas aos adoptantes, casas de acollida, socios, colaboradores e amigos, e esperamos poder seguir contando co voso apoio no vindeiro ano.
¡Lametons para todos e a seguir traballando!